Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

A España rexional

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica046.html
     A grandeza da Galiza, da Cataluña, do País Vasco ou de outras rexións españolas, non son as mesmas grandezas da España, pero a súa suma, isto é, o seu conxunto indisoluble, formando un todo cultural e lingüístico.
     O uso, e portanto a preservación da língua histórica de cada rexión da Península Ibérica, non debe ser encarado como un medio de separación, como foi considerado durante moitas décadas: Primeiro coas monarquías e despois con os gobernos autoritarios, que proibían, ata de falar en determinados lugares, desas riquezas histórico-culturales de un pobo que soube construír heroicamente esa árbore lingüística, que tanto serve para recitar un poema como para dar un grito de guerra. Hoxe, as linguas históricas de cada rexión: Galiza, País Vasco e Cataluña..., son ensinadas xuntamente con a língua da unidade nacional, o "español", isto é, o ensino de línguas é bilíngüe en cada unha desas rexións.
     Na España rexional, en todos os poboados e aldeas, as persoas ten o pracer en falar da Patria grande, pero se emocionan ó falar da Patria histórica: Conceitos tal vez bairristas ou providencialistas, comparables ós círculos concéntricos que na ánima dese home van se producindo, á medida que se vai avanzando na estrada da vida. A Patria é a infancia, a familia, o lar, pouco despois a rúa, a escola o barrio. Coñecen máis tarde a cidade e o municipio, máis adiante, na xuventude, aman a provincia; pero a maturación corresponde á completa visión e ao amor á Patria, sen rexionalismos inconseqüentes nen anárquicos.
     Nas rexións históricas, empregase a língua vernácula para exaltar os amores á xuventude e ós panoramas iniciais da vida. Pero, para cantar a aurora universal, se usa, naturalmente, a língua da unión nacional, porque fora dos contornos rexionais, despois de atravesar vales e escalar montañas, prolonganse o entusiasmo e as preocupacións da Patria histórica que son as preocupacións e satisfaccións de tódolos pobos da España.
     Pero, os poboados, aldeas e cidades son, na realidade, o que sexan os homes, e por isto non convén perder de vista as tres formas das actividades espirituales: Coñecemento, sentimento e tendencia, elas, correspondense obxectivamente con tres ordens de valores. Ó coñecemento corresponden a Ciencia e a Técnica; ó sentimento corresponden a Arte e a Literatura; á tendencia, a Moral e o Direito. De forma máis directa, diríamos que son varios os elementos de formación da personalidade humana: O elemento reflexivo ou a intelixencia; o elemento dinámico e da vontade; o elemento social e o amor, e o elemento moral da personalidade ou a consciencia.
     No mellor relacionamento, no equilibrio destes elementos fundamentales está a maior grandeza do novo home rexional español. O español de hoxe compreende con máis profondidade o significado da convivencia e da tolerancia e, cada vez máis se distancía do radicalismo social, político e persoal. Ele descubriu que o símbolo de "arriba" está non somente na invocación do presente, senon que existe tamén na liña de calquer futuro.
     É ese levantar da Patria sobre o pequeno, o intranscendente, o ínfimo, o que deixa de dividir, de parcelar que inflama esa forza latente que está e estará sempre impregnada no ser e na ánima do pobo español.
     O novo home que surxe nestes anos de paz social e democrática, non é unicamente aquele que "naceu despois", senón tamén o que "veu antes" que foi abrindo e deixando, no camiño para o futuro, toda unha carga de mal estar, de diferencias para sentir dentro de sí a certeza, a ambición de que estava diante de unha tarefa heroica e do ben comun.
     O español de hoxe, de certa forma, é un testemuño da concordia e do amor. En seu sentido máis amplio de responsabilidade, no seu exercicio da facultade representativa polos camiños da orden e do respecto que debe ter a forza de seu entusiasmo de mellora na loita por un bo nivel de vida, no respecto mútuo, confirma o significado de que a mudanza social e política foi como unha academia de estilo e de moral, para un pobo que ficou tanto tempo na escuridade das tebras.
     A paz pública, o respecto a información social que dá amosas que súas tareas sindicales están sendo orientadas para o ben comun e a perfección profesional, son exemplos vivos de como o novo home vive para un novo tempo.
     É a esperanza de que sempre, alén da pura utopía, fantasía e anécdota, o pobo español, como xa o fixeron seus antepasados celtíberos, no pasado remoto, saberá loitar por súa grandeza peninsular, permanecendo fiel a esencia da Patria grande e das Patrias rexionais ou históricas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega